Seguindo o convenio de colaboración que mantemos coa escola de negocios Galicia Business School, lanzamos un sorteo de catro bolsas desconto do 40%, aplicables aos Másteres e MBA´s da súa oferta formativa, para os nosos asociados.
Poderás contar así cunha bolsa de ata 5.000€, nos seus programas de dirección, mercadotecnia dixital, vendas, finanzas, RRHH e operacións. |
|
Como participo no sorteo? |
|
Este sorteo é aplicable a todos os Másteres e MBAs da escola que comezan en 2024. Inscríbeche no seguinte formulario tanto para participar como para resolver calquera dúbida sobre o seu funcionamento.
|
|
Data de finalización: luns 10 de xuño
|
|
No noso obxectivo común de guiar e axudar aos profesionais, lembrámosvos que independentemente do sorteo, contas cun desconto especial en todos os programas abertos de Galicia Business School por ser nuestr@ colegiad@. |
|
Con sedes en Santiago de Compostela e Vigo, Galicia Business School é un centro de adestramento directivo creado por e para profesionais. Converteuse na escola de negocios líder en Galicia grazas á súa metodoloxía práctica, a calidade do seu claustro, e a altísima satisfacción do seu alumnado. Desde o seu nacemento en 2015, conta con formacións en todas as áreas da empresa, formando a case 8.000 profesionais e recibindo numerosos recoñecementos. |
|
Os seus programas, obxecto deste concurso, proporcionaranche as ferramentas que necesitas para actualizar e perfeccionar o teu perfil profesional, podendo cursalos tanto presencialmente como en modalidade de presencialidad dixital. |
|
|